13 nov 2008

Tarxeta Profesional da construción


A Tarxeta Profesional da Construción

A Tarxeta Profesional da Construción configúrase como un instrumento que servirá
para acreditar, entre outros datos, a formación específica recibida polo traballador -sobre
todo en materia de prevención de riscos laborais- e a súa categoría profesional. Ao mesmo
tempo certificará que foi sometido aos correspondentes recoñecementos médicos.
O documento, cuxa instauración se establece no IV Convenio Colectivo Xeral da Construción
2007-2011, poderá ser solicitado polos traballadores que prestan servizo nese
sector ou polos desempregados que acrediten cando menos 30 días de actividade no
mesmo. En calquera caso os solicitantes deberán certificar que recibiron, como mínimo, a
formación inicial en materia de prevención de riscos laborais.
Para facilitar a súa implantación, a Consellería de Traballo implicarase de maneira
activa na difusión da Tarxeta Profesional da Construción a través dos centros de seguridade
e saúde provinciais e das oficinas de emprego, converténdoos en puntos de información
para traballadores e empresas. Estes serán os lugares aos que tanto as empresas como
os traballadores do sector obterán toda a información precisa para a obtención da Tarxeta
Profesional.

No hay comentarios: