11 dic 2008

Villa Psoe denunciada por Salvemos Pontevedra



URBANIZACIÓN NA COSTA DA ILLA DE AROUSA
Alertan do cambio do deslinde onda o chalé de Blanco
Manuel Vilas . A asociación ecoloxista 'Salvemos Pontevedra' presentou unha queixa formal ante o Valedor do Pobo pola suposta ocultación do expediente sobre unha urbanización na Illa de Arousa, onde ten unha propiedade Xosé Blanco, número dous do PSOE a nivel estatal.
09.12.2008 19:45
TAGS: Salvemos Pontevedra , Costas , Blanco ,
Urbanización en construcción na Illa de Arousa onde ten unha propiedade Xosé Blanco.

'Salvemos Pontevedra' alerta que un informe da propia Administración atopou unha “reducción inxustificada da servidumbre de protección” xusto na área na que están a construír os chalés, tamén coñecidos popularmente na Illa de Arousa como 'Vila PSOE'.O presidente da asociación, Francisco Díaz, explica que acudiu a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Pontevedra para solicitar unha copia compulsada do expediente da urbanización. Segundo a súa versión, o xefe provincial deste ente, Iván Mosquera negoulle o acceso aos datos “sen ofrecer a menor razón nen motivación, nin xurídica nin de calqueira outro tipo”.Díaz indica que os chalés estanse a construír aproveitando unha “reducción inxustificada da zona de servidumbre en terrenos que non eran urbanos cando entrou en vigor a Lei de Costas˝