A Federación de Actividades Diversas púxose en contacto coa empresa, que alegou que os seus clientes non están a pagar as facturas, polo que non lles é posible ingresar as nóminas do persoal. Porén, CCOO asegura que «a maioría dos cliente si están aboando as facturas», como a multinacional TRW —antiga Dalphy Metal—, pero ese diñeiro estaría sendo embargado por Facenda, segundo a información que puido recabar o sindicato. A maioría dos clientes de Galeserga están na provincia de Pontevedra, empresas como Termavi, Termicar, Maderas Iglesias, Dayco ou Koala.
Para Comisións, a situación é un exemplo máis de que a crise a están a pagar os máis débiles, as traballadoras e os traballadores, e acusan o presidente de Galeserga dunha «pésima xestión» e de ignorar repetidamente a representación sindical.
Por este motivo, a Federación de Actividades diversas contactou co persoal para facerlles saber que debido á situación actual e á actitude da empresa, «a única vía posible para poderen cobrar o que se lles debe é exercendo os dereitos laborais ante a autoridade competente».
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2009
Gabinete de Comunicación Horario: luns a venres, 9-14h e 17-20h 686 469 993 / 981 551 867 | xuz[arroba]galicia.ccoo.es Máis información en: http://www.galicia.ccoo.es |
No hay comentarios:
Publicar un comentario