30 sept 2008

O Movemento Polos Dereitos Civís di, que as administracións sigue a fallar na defensa dos dereitos dos cidadáns


MpDC di que as administracións seguen a fallar na defensa dos dereitos cidadáns
O colectivo presentou no Clube Internacional de Prensa o Informe 2007, un relatorio da situación dos dereitos e liberdades en Galiza.

XORNAL.COM I Santiago.- O voceiro do Movemento polos Dereitos Civís, Renato Núñez da Silva, criticou a falla de compromiso das administracións publicas coa defensa dos dereitos e das liberdades dos galegos e as galegas. Núñez, que compareceu esta mañá en rolda de prensa para presentar o Informe 2007 da asociación, sinalou que “non se salva nin o Valedor do Pobo, que remata o informe anual cunha denuncia por negar o dereito de acceso e ve como só un 29 por cento dos galegos considera que é imparcial”. O voceiro referíase aos datos obtidos polo MpDC nunha enquisa sobre a situación dos dereitos, na que o 54,1% dos entrevistados afirmou que as decisións do alto comisionado parlamentar están condicionadas polos intereses políticos. Núñez estivo acompañado durante a presentación polo avogado Xosé María Rodríguez. O xurista, xunto co avogado Miguel Ánxel Fernández Rodríguez –membro de Xustiza e Paz- son colaboradores habituais do MpDC é ambos participan no documento cun artigo sobre o dereito de asociación e o dereito de reunión, respectivamente. Dous dereitos que, segundo manifestaron, están cada día máis ameazados e en constante retroceso. Durante a súa intervención, o voceiro do colectivo apuntou que “o dereito á intimidade, o dereito á información e as actuacións policiais” volveron a acaparar a maioría das queixas presentadas polo colectivo durante o 2007. A este respecto, salientou que “no referente ao dereito á información destacáse a agresión a un xornalista que cubría as manifestacións en Ferrol contra Reganosa e sobre a que a Delegación do Gobeno non se quixo pronunciar”.Sobre as actividades das institucións públicas explicou que “segue aumentando a instalación de cámaras de videovixiancia que non cumpren os requisitos mínimos, as administración reponden máis aos escritos e as queixas que se lles remiten, pero pasados varios meses (en moitos casos fano fóra do prazo legal) e non contestan aos temas que se lles pregunta”. Para rematar o seu relatorio, Renato Núñez quixo realizar un apuntamento sobre as actividades dos Corpos e Forzas de Seguranza do Estado e asegurou que “as actuación policiais seguen contando cunha grande dose de indiscriminación e criminalizando dereitos fundamentais como o de concentración e manifestación”.O Informe 2007, o sexto que presenta o Movemento polos Dereitos Civís, dende que comezara a súa andaina hai cinco anos, pódese adquirir nas librerías do país ou solicitandoo directamente á asociación a través do correo electrónico mpdc@movemento.org.

No hay comentarios: