La asociación CAFINES, se ha reunido hoy, con la diputada Gallega, Beatriza Sestayo, en dicha entrevista se le ha hecho entrega de varios informes, mediante los cuales queda patente irregularidades graves y se le ha pedido su intervención en las continuas estafas que más de cinco mil personas vienen sufriendo, ha quedado comprometida en leer los mismos una vez vuelva de vacaciones, en Julio y Agosto no hay actividad parlamentaria, quedamos a la espera de su buen hacer.
Breve información sobre Beatriz Sestayo Doce
Benvida.
Ola ,son Beatriz Sestayo Doce . Nacín en Ferrol fai 37 anos ;estou casada e teño unha filla de 15 anos e un fillo de 10 . Son avogada ,antes fun xuíza e fiscal contratada en moitos sitios de Galicia . Isto da a oportunidade de coñecer as necesidades diarias de moitísimas persoas que buscan na xustiza un lugar onde garantan o exercicio dos seus dereitos...Cando podes contribuír a que a legalidade e a xustiza se acerquen vas para casa ca sensación de que as cousas poden ir ben
Milito no partido socialista porque defende a igualdade de oportunidades para todas e todas ,e lemas coma a xustiza ou a solidariedade forman parte da nosa alma
No Parlamento Galego teño a responsabilidade de ocupar a portavocía de xustiza ,interior e Administración Pública ,onde temos levado un bo número de traballos ,como a Lei de Transparencia e Boas Prácticas ,a Lei de Dereito Civil ,a Lei de Coordinación de Policías Locais ou as de Emerxencias e Lei dda Policía Galega que se están a tramitar . Tiven a honra de formar parte da Ponencia do Estatuto de Autonomía e,aínda que desta non pudo ser ,a experiencia foi magnífica .O feito de teren a posibilidade de escoitar a máis de 100 persoas e colectivos que compareceron na Comisión facéndonos chegar as súas inquedanzas e aportacións foi ilusionante ;tamén o amplo debate que se mantivo na ponencia sobre temas transcendentais para o noso país . Presido a Comisión de Asuntos Europeos ,e participo noutras comisións como a de Industria que tantos temas debate sobre a miña comarca ,Ferrolterra
Precisamente como deputada desta comarca ,tento defender os intereses da mesma ,dunha comarca cunhas potencialidades infinitas e a punto de que tantos soños se convirtan en realidade...A través deste espazo tentarei faceros chegar o traballo que desenvolvo eiquí,
Unha aperta, Beatriz Sestayo