Comunicado del Colegio de Educadores y Educadoras Sociales de Galicia.
Como entidade integrante do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e EducadoresSociais, queremos compartir coa sociedade galega, a nova de que, o Goberno de España, a proposta do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, ven de concedernos como Consello Xeral, a CRUZ DE OURO DA SOLIDARIDADE SOCIAL.
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia forma parte do Consello Xeraldende a súa creación, participando nel moi activamente e tendo nestes momentos a honra de presidilo por encargo do resto das entidades do Estado.
A Orde Civil da Solidariedade Social é unha condecoración que se concede enrecoñecemento a promoción e desenvolvemento de actividades e servizos relacionados coa solidariedade e a acción social, que supoñan un beneficio ao benestar social. É outorgada polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade de España e entregada pola Raíña Sofía de Grecia.
Dende o CEESG queremos agradecer, xunto co resto dos Colexios de Educación Social doEstado, esta distinción que creemos recoñece o traballo de todos os colexios e asociacións que formamos o Consello Xeral, pero o especialmente importante é que a través deste premio recoñécese o traballo que todas as educadoras e educadores sociais realizan cada día por facer unha sociedade máis solidaria e máis xusta, isto é realmente o que foi premiado ao concederllo á nosa organización, a implicación que poñen cada dia ás educadoras e educadores en prol da solidaridade son hoxe recoñecidas.
Dende o CEESG este premio sérvenos para dar impulso ás nosas organizacións, en tempos especialmente difíciles que nos esta tocando vivir no que os recortes sociais que se están a producir poñen en perigo o estado de benestar. Hoxe mais que nunca queremos apostar decididamente por continuar traballando pola acción social de forma activa, na seguridade de que, o máis importante, para as profesionais da Educación Social son as persoas e colectivos cos que traballamos, elas e eles merecen os nosos máximos esforzos como profesionais.