20 jun 2011



O presente curso ten como obxecto fundamental adquirir os coñecementos necesarios para poder desenvolver a actividade de Educador/a Social en calidade de perito.


Para isto faise necesario coñecer, non só a Lei que regula o proceso normativo dos Ditames Periciais, (Lei de Axuizamento Civil 1/2000 de 7 Xaneiro), senón aspectos específicos da disciplina, que inciden directamente nas actuacións como peritos.


Coñecemos a implantación dos distintos Programas de Atención Social en Xulgados e Audiencias, así como a configuración de Equipos Técnicos formados por Traballadores/as Sociais, Psicólogos/as, Educadores/as..., con todo, non é a única forma que temos de prestar os nosos servizos á Administración de Xustiza, tamén podemos facelo dende fóra: EN CALIDADE DE PERITOS.


DATOS DO CURSO


Data: sábado 9 de xullo de 2011.


Lugar: Vigo. Centro Cultural Nova Caixa Galicia (Rúa Policarpo Sanz, 13) Sala de seminarios nº 2.
Horario: De 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30
Duración: 8 h.
Docente: José Carlos Piñeiro, educador social e perito xudicial. Ver breve curriculum docente


Contidos:


Configuración e organización da administración de Xustiza: Xulgados e Tribunais, Lei de axuizamento Civil, Análise dos artigos que recollen o Ditame Pericial
Peritos xudiciais e peritos privados: o procedemento de designación.
Cuestionamentos dos peritos: tacha e recusación.
Características dos Ditames Periciais.
Estrutura de informes sociais como ditame Pericial: contidos, pistas terminográficas para adxectivación de situacións e factores sociais. TIC.
eseño da metodoloxía da investigación.
Os honorarios profesionais: cálculo minutario. Revisión de honorarios.
Forma de facturación: obrigas fiscais, tributantes e da seguridade social.
Lei de Protección de datos de carácter persoal.
O Xuízo
Nº de prazas: 25 (adxudicaranse por orde de inscrición). Ten que haber un mínimo de 20 inscricións para realizar o curso.
Prezo:
Colexiadas/os Ceesg: 30 €
Non colexiadas/os: 70 €
Estudantes e desempregadas/os: 40 €
Prazo de inscrición: ata o 6 de xullo (incluído) ou ata esgotar prazas.
Inscricións:
Consultar normativa das inscricións nos cursos do Ceesg
Inscribirse neste curso
Máis información sobre Educación Social e peritaxe

No hay comentarios: