19 abr 2009

El nuevo delegado del Gobierno de Galicia un político con la habilidad de escucha y cercano al pueblo


Antón Louro «A Delegación do Goberno precisa capacidade política, técnica e interlocución»

Desaparecido desde que o seu nome se liga á Delegación do Goberno para substituír a Manuel Ameijeiras, Antón Louro (Carnota, 1952) acaba de regresar dunha viaxe privada.
-¿Como se atopa?
-Aproveitei moi ben estes días para facer unha viaxe que tiña prevista dende hai moito tempo e atender uns compromisos familiares que tiña pendentes.
-Bueno, vai ser vostede o próximo delegado do Goberno en Galicia.
-O que hai é a vontade e a proposta da dirección política do partido en Galicia e da dirección federal do partido en relación cun posible nomeamento que poda recaer na miña persoa. Comprenderá que tratándose do que se trata eu teño que ser moi cauto e moi prudente e esperar que as cousas sexan como teñan que ser. E non se pode, como se di, poñer o carro diante dos bois.
-O que se busca é darlle un peso máis político a un cargo destas características ¿A vostede apetécelle, ou prefire a xestión diaria na política?
-Eu creo que a política ten moito que ver coa xestión en todos os ámbitos. Non se pode facer política sen facer xestión. Isto de separar os políticos e os técnicos é algo que me gusta regular. Creo que un político ten que ter unha formación técnica importante. Cando careces dunha formación técnica tampouco podes levar adiante unha xestión en condicións. En todo caso a Delegación do Goberno ten uns cometidos regulados por lei: coordinar a acción política do Goberno no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. E eu creo que esa é unha función política de primeiro nivel, e aí necesítase xente con capacidade política, técnica e capacidade de interlocución.
-¿Falta darlle un maior impulso político, unha maior visualización ao posto?
-Eu creo que todas esas cousas hai que velas no seu momento.
-Di o PP que o seu nomeamento é un paso previo para preparar a medio prazo o desembarco de José Blanco para optar á presidencia da Xunta de Galicia.
-Iso é unha opinión que eu respecto pero que non ten nada que ver coa práctica política que fai o PSOE.
-¿Apetecíalle vir a Galicia e deixar o Congreso?
-Eu son unha persoa á que lle gusta estar na política con moita intensidade e facelo coas necesidades e a vontade política do propio partido, ben no Congreso, ben en outra tarefa que se me encargue. voz de galicia

No hay comentarios: